Libros > O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS (Ebook)
Portada de O Couto Mixto. Aspectos Folclóricos (ebook)

O Couto Mixto. Aspectos Folclóricos (ebook)

Autor:José Rodríguez Cruz;
Categoría:
ISBN: EB9788484874072
Laiovento nos ofrece O Couto Mixto. Aspectos Folclóricos (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 22 de Junio del 2018.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de O Couto Mixto. Aspectos Folclóricos (ebook)

Atopar un tesouro é sentir a emoción de enlazar o presente co pasado máis valioso. Así é o traballo de José Rodríguez Cruz, un tesouro que recupera o patrimonio esvaecido do mundo máxico do Couto Mixto, da súa cultura sentimental. Na noite estrelecida galega aparece este fermoso libro que recolle anacos da Antropoloxía cultural e das lendas deste recuncho do mundo raiano, galego-trasmontano. Sen el, o Couto Mixto quedaría eivado do seu máis xenuíno relato, o das historias e contos tantas veces repetidos ao quente do lume duns rachóns de carballo. Retorna así o arrecendo íntimo das casas que un día tiveron gravadas nas lumieiras das portas, o ?E? de España, o ?G? de Galicia ou o ?P? de Portugal. A teimosía das metrópoles, hispana e lusa, por esnaquizar os dereitos seculares das xentes do Couto Mixto, deu na desaparición destes sinais. Este territorio bretemoso -que para os seus moradores naceu dunha lenda, o favor dos veciños a unha raíña fuxida que deu a luz na invernía, ao amparo da calor da veciñanza- tamén comparte cos pobos da contorna o patrimonio inmaterial e xenético da Raia fronteiriza. Luís Manuel García Mañá0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso