Ás veces os feitos máis insignificantes e casuais son os que, sen intuílo, transforman as nosas vidas por completo. Ás veces mesmo son quen de nos sacar dunha existencia cómoda aínda que aburrida para nos levar a vivir unha aventura.
Iso foi o que lle aconteceu a Kaarlo Vatanen unha tardiña de San Xoán, cando accidentalmente atropelou aquela cría de lebre. Desde ese preciso intre, como a bolboreta que bate as ás e provoca unha tempestade no outro lado do mundo, o seu perfil de xornalista de relativo éxito atrapado nun matrimonio sen amor esfarelouse, e emprendeu unha viaxe sen igual pola xeografía de Finlandia até chegar ao mesmo Mar Branco.
Nesta novela-debut de 1975, Arto Paasilinna presenta o ideario que subxace á meirande parte da súa obra: o individuo libre fronte á sociedade abafante, a relación do ser humano coa natureza, e a procura do eu a través dunha viaxe iniciática ás marxes do mundo, todo isto debullado cunha linguaxe rápida, un carrusel de personaxes caricaturescos e moi altas doses de humor.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.