O Milladoiro das Pozacas é espazo de crenzas, casa de seres míticos, bálsamo fronte ás dificultades da veciñanza e punto de encontro e honra para romeiros de cerca e de lonxe. O misterio da noite de Reis, as trasnadas de pícaros que se converten nun perigoso incendio, a conquista amorosa dunha princesa ou a voda de dous anfibios complementan o seu día a día milagreiro.