Iso é o que signi ca reinar. Eu reino sobre a miña vida, decido que facer, cando e como vivir. Reino sobre os meus pensamentos e ideas. E gústame ollar as cousas, non como realmente son, senón como poderían ser ou como a min me gustaría que fosen.
O que fago é sinxelo: soño, transformo a realidade, dou renda solta á imaxinación. Fágoo de tal maneira que non sei exactamente onde termina o real e comeza a fantasía.
Confeso que non comprendín a metade do que o avó dixo, pero, gustoume moito o modo en como falou, co ollar asolagado de alegría, os xestos sinxelos e a postura dun rei. Pensei, ensimesmado: O avó é rei! Viva o rei! Viva o avó!