Argumento de Metagenesix. Nova. Nueva Arquitectura de Galicia
Encuadernación: Rústica con solapas
Baixo o título de METAGÉNESIX preséntase unha mostra da Nova Arquitectura que se realiza en Galicia. Neste tempo de temores e inestabilidades, aparece unha nova xeración alterada e alternante, formada maioritariamente en Galicia, que xera un gran optimismo pola calidade e cantidade dos seus traballos.
Debido á inactividade da comunicación da arquitectura galega faise aínda máis necesario este proxecto de difusión para por en valor o traballo realizado polos novos arquitectos; METAGENESIX -ten como antecedente as OLLADAS DE PERTO* organizadas na ETSA da Coruña durante os últimos 5 anos- materializa a tentativa de saír do ámbito académico e achegarse á sociedade como consumidora e usuaria de arquitectura.
No contexto actual de crise financeira e social onde se poñen en cuestión a arquitectura mediática dos últimos anos onde primaba o espectáculo, o superfluo e que provocou a ampliación da fenda existente entre arquitecto e sociedade sae a superficie outro xeito de entender e proxectar arquitectura. Unha arquitectura de proximidade que asume as limitacións propias do momento, do lugar, do encargo, as inquedanzas do promotor para transformalas en oportunidades. Oportunidades que xorden do local sen esquece a realidade global na que se insiren e da que se nutren intelectualmente. Incorpora este coñecemento globalizado ao bagaxe cultural herdado e conformando con oficio a nova arquitectura galega do Século XXI.
A exposición recolle 20 traballos de 10 arquitecto/equipos seleccionados a partir dunha convocatoria aberta á que se presentaron máis de 200 obras. Debido a cantidade e calidade das propostas decidiuse ampliar o proxecto METAGENESIX apoiándose no programa cultural da Librería Formatos INTEMCION para dar voz a outros 20 arquitectos/equipos que agrupados charlas temáticas [OPORTUNIDADES / VIVENDA + / ESPAZO DOTACIONAL / RE·HABITACIÓN / ESPAZO DE ATENCIÓN] expuxeron as súas obras na librería durante a edición de 2011 e recollidas no presente catálogo.
*OLLADAS DE PERTO panorámicas da arquitectura construída na proximidade organizadas polos profesores Carlos Pita, Patricia Sabín e Enrique Blanco.0