Libros > Ciencias Humanas > Memorias dunha vaca marela
Portada de Memorias Dunha Vaca Marela

Memorias Dunha Vaca Marela

Autor:Eiré López, Afonso;
Categoría:Ciencias Humanas
ISBN: 9788494861918
Hércules de Ediciones S.L. nos ofrece Memorias Dunha Vaca Marela en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 04 de Mayo del 2018. Amplia tus conocimientos con este libro de ciencias humanas, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 240 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Memorias Dunha Vaca Marela

"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...".
Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida.
Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial.
Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica; desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas; desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas.
"Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza".
E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido.
Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas.
Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!.
A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa.
Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados.
Deixouno escrito Castelao: "O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida".
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso