Argumento de Memorias Do Pedal
Cun prólogo de Méndez Ferrín, a obra constitúe un achegamento á historia e paisaxe portuguesas desde a visión dun peregrino moderno e coñecedor da riqueza simbólica das terras polas que pasa. Trátase, sobre todo, da crónica dunha viaxe, pero ademais de reflectir as vivencias do autor, o texto enriquécese con abundante información sobre a historia, as lendas e a etnografía das vilas polas que discorre o camiño, proporcionando pistas dabondo para percorrer o Camiño de Santiago desde Lisboa sen atrancos.0