Libros > Maternidade fóra de catálogo (Ebook)
Portada de Maternidade Fóra de Catálogo (ebook)

Maternidade Fóra de Catálogo (ebook)

Autor:Marga Tojo;
Categoría:
ISBN: EB9788491213758
Edicions Xerais nos ofrece Maternidade Fóra de Catálogo (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 10 de Mayo del 2018.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Maternidade Fóra de Catálogo (ebook)

Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante o asentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días de nacer. No medio desa experiencia "Maternidade fóra de catálogo" analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, as engrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares. Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos, da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidade de camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias do aleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e na demanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz. "Maternidade fóra de catálogo" pon fronte a nós o abismo da disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir. "Maternidade fóra de catálogo" é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso