Argumento de Matemola 1
Encuadernación: Espiral
Colección: Matemola
Edad Recomendada: A partir de 3 años
Este é primeiro caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático.
Neste momento evolutivo, o neno sente a necesidade de observar, de explorar e de coñecer o seu medio. Para iso propoñemos, con este material, actividades que lle axuden a interpretar mellor esta realidade e a coñecela a través de observación e da representación.
Neste caderno iniciamos o proceso de adquisición da noción de "cantidade" a partir dos primeiros números da serie numérica e dos cuantificadores "un-moitos".
O concepto de "número" está moi relacionado coas operacións de clasificación e de seriación que, á súa vez, constitúen un dos aspectos fundamentais do pensamiento lóxico. Por esa razón, introducimos actividades de clasificación e de seriación a partir dun atributo (cor: vermella, amarela, azul e verde; tamaño: grande-pequeno), co fin de iniciar o alumnado no proceso de abstracción das propiedades dos obxectos.
As actividades que se propoñen no apartado de Xeometría, están encamiñadas a que o neno incorpore estas nocións abstractas e a que sexa quen de reproducilas e de identificalas (formas planas: círculo, cadrado; espazo: aberto e pechado).
Co obxecto de que o neno coñeza, analice e se relacione mellor co seu medio, introducimos as nocións espaciais (arriba-abaixo; dentro-fóra), as medidas de tempo (día-noite; moito tempo-pouco tempo) e as de capacidade (cabe-non cabe).
Ao final do caderno propoñemos un xogo individual de memoria e de atención, para repasar algúns dos principais contidos traballados.1