Argumento de Maruxa
Encuadernación: Cartoné
Edad Recomendada: A partir de 3 años
Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país. Fixéronse diversas versións, desde orquestas sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock... Este texto, en versos de seis sílabas, busca manter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a canción tradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa que o relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seu home, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan.
Na versión tradicional, Benito reclama uns pierogi, un dos pratos típicos de Polonia (unha especie de raviolis rellenos de carne, peixe, verduras...) e a súa muller négase repetidamente, argumentando que lle faltan, un por un, todos os ingredientes: fariña, auga, sal e carne... Con todo, nesta versión optouse por cambiar os pierogi por pan, un alimento común a todas as culturas e que permite universalizar a historia.0