Argumento de Martín Codax e Os Xograres Do Mar de Vigo
A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón. que forman parte do noso devir cotián.
Redactado con rigor e amenidade, " Martín Codax e os xograres do mar de Vigo " artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.0