Argumento de Manuel Maria: Un Home de Mil Pezas
Vicente Araguas achégase aos dominios de Manuel María disposto a falar del tal como o coñeceu, a entrar devagar no libro seu que máis estima, Andando a Terra, a analizar
os dous libros de poemas de Manuel María no seu ?annus mirabilis?, 1954; a facer o propio con ese libro clandestino, nada rexeitable, en español, que tan parece que os adeptos queiran borralo do mapa; a escoitar a música da súa voz no disco que gravara en Edigsa comezando así o proceso da serie Xistral e, xa que logo, A Nova
Canción Galega. Este libro, testemuño dun home, heroe este ano do Día das Letras Galegas, responsable ?xa que logo? de que a xente do común saiba que un idioma é,
tamén, literatura.0