Quizais por iso, non sexa desproporcionado afirmar que estes apuntamentos biográficos trazan unha sintética radiografía da vida galega, contada a través dos seus ciclos e tempos culturais, dos seus axentes e promotores, das entidades que a protagonizaron, das múltiples dificultades que tiveron que enfrontar e souberon vencer, e da importancia e excelentes froitos do traballo de milleiros de galegas e galegos anónimos que, co seu xeneroso esforzo, fixeron agromar do ermo, entre a presión e o terror impostos pola ditadura, a inmorrente flor da esperanza dunha Galiza dona de seu