Argumento de Man de Camelle
Manfred Gnädinger chegou a Camelle en 1961; tiña 25 anos.
A carón do mar e ao longo de catro décadas, construíu
o seu xardín-museo artellando pedras e ósos, reutilizando
as crebas que depositaba a marea, moldeando a natureza
e mesmo experimentando unha transformación persoal que forxou
a súa icónica figura de solitario anacoreta. Este libro de Carmen Hermo -artífice do proxecto MAN (Mar, Arte e Natureza)
e comisaria da exposición permanente na Casa do Alemán-
é unha homenaxe a ese home culto, auténtico e vital,
e ao seu singular legado artístico.0