A obra que hoxe se edita, iMal Olio!..., foi premiada no Certame 'Castelao' (1952-53) do Centro Galego bonaerense e publicada orixinalmente en Buenos Aires en 1954.
Do punto da dramática galega, a peza inscríbese no contexto do teatro musical, constituíndo un folk-drama en que se combinan elementos puramente populares de ambiente mariñeiro coa utilización do mundo mítico galego. Nesta liña, débese salientar a utilización de recursos escenográficos, onde a luminotecnia e o vestiario teñen un papel simbólico fundamental, que remiten a obra á tradición dramática culta do noso teatro.
Lingüisticamente, esta obra de Cándido A. González responde ao período inmediato da posguerra, sen están dar idiomático firme, cunha forte vontade diferencialista e popularizante.