Argumento de Máis Contos de Animais, Ii
A colección Cabalo buligán reúne contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas,en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación. Os catro números da colección Cabello buligán dedicados ós contos de animais veñen a encher un oco baleiro no coñecemento, e no gozo, dos nosos contos e fábulas protagonizados por animais. Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba transmítennos a través destes contos, aqueles míticos tempos " cando os animais falaban " .0