Argumento de Lukumi (literaria Nº 225)
Lukumí é a historia do mulato Estevo, marcado por dúas culturas, a do seu pai galego e a da súa nai, descendente de escravos africanos. Nesta novela Alfredo Conde deixa que sexa o protagonista da novela quen conte a historia da familia da súa nai, bailarina do famoso cabaret Tropicana, e máis da súa avoa materna, orgullosa de desdencer de escravos lukumís, unha xinea africana cuxos membros preferiron suicidarse antes que seguir en escravitude. A novela tamén vai descubrindo progresivamente a outra historia da familia do mulato Estevo, fillo dun galego cegado a Cuba para colborar na creación da nova sociedade comunista, tarefa da que axiña se decepciona. As ilusións frustradas acaban por modelar o destino de Estevo, que, cunha voz descrida e escéptica, vai narrando, a traves da historia familiar e da súa propia experiencia, a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza frustrada da utopía internacionalista. Cunha prosa fluída, que habelenciosamente encadea feitos, anécdota e digresión, a novela sitúanos ante o último, e, se cadra, definitivo desengano: as miserias do capitalismo.1