Argumento de Longa Noite de Pedra
Longa noite de pedra (1962) é un dos libros claves para entender a nosa literatura contemporánea, libro emblemático, referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis intensos, brillantes, conmovedores. A eficacia da comunicación poética, a forza da súa palabra, a autenticidade do sentimento e a procura en cada caso da expresión máis directa e sentida para o corazón humano fai destes poemas un valor universal e, á par, crónica intransferible dun tempo decisivo.0