Argumento de Lingua e Literatura. Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (abau) 2017
«Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2017» é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de bacharelato para preparar a proba de acceso á universidade do ano 2017. Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas alternativas que sirvan de práctica para afrontar a Selectividade deste curso. Ademais, aconséllase de forma exemplificada sobre a correcta resolución das actividades, incidindo sobre todo no referente ás preguntas de sociolingüística e literatura, así como na análise de textos (esquema de ideas, resumo, título, tema, estrutura e comentario crítico) e nas ideas para o argumentario dos comentarios.0