Argumento de Limpeza Creativa: Produtos de Limpeza e Cosméticos Naturais Feitos por Ti. 25 Receitas para Coidares Da Casa e de Ti
Produtos de limpeza e cosmética naturais feitos por ti, para coidarte e coidares a casa. Manual con ingredientes e receitas.
Un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza. Xabóns e deterxentes ecolóxicos e eficaces para lavar a roupa, a louza e o chan; xabóns e aceites curativos, pastas de dentes e cremas hidratantes, un kit de beleza esencial para coidares de ti de maneira natural, do cabelo ás mans, do rostro á punta dos pés. Para sermos limpos, en todos os sentidos. E porque ben que o merecemos!
Nunha edición actualizada e adaptada á realidade galega acompañada dunha listaxe de artesáns e produtores da contorna que traballan con produtos naturais.0