Libros > Ciencias Humanas > Limba noastra-i comoara...: Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei
Portada de Limba Noastra-i Comoara...: Estudos de Sociolingüística Románica en Homenaxe a Francisco Fernández Rei

Limba Noastra-i Comoara...: Estudos de Sociolingüística Románica en Homenaxe a Francisco Fernández Rei

Autores:
Categoría:Ciencias Humanas
ISBN: 9788416954995
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC nos ofrece Limba Noastra-i Comoara...: Estudos de Sociolingüística Románica en Homenaxe a Francisco Fernández Rei en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 18 de Octubre del 2018. Amplia tus conocimientos con este libro de ciencias humanas, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 336 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Limba Noastra-i Comoara...: Estudos de Sociolingüística Románica en Homenaxe a Francisco Fernández Rei

Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García (1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da xubilación. Tras os volumes en homenaxe a Antón Santamarina (2008) e Mercedes Brea (2016), é a vez agora do profesor Francisco Fernández Rei. Este volume ofrecido a Paco ábrese coas achegas de tres dos seus amigos e colegas, que proporcionan un relato persoal e entrañable do percorrido dun investigador e profesor (un cambadés fidalgo e soñador, en palabras de Antón Santamarina) consagrado á dignificación da lingua galega e de Galicia.Tras esta introdución, o libro divídese en tres partes: na primeira atópanse cuestións de sociolingüística xeral e aplicada; na segunda, contribucións moi variadas tanto no que concirne ás ámbitos románicos (seis linguas románicas minorizadas) como ós enfoques e ás temáticas tratadas; na terceira, situacións sociolingüísticas complexas nas que a nación de fronteira (lingüística e/ou política) é determinante.O conxunto serve para poñer de relevo unha das liñas de investigación cultivadas por un catedrático de Filoloxía Románica que, sen descoidar as persoas, estuda as linguas. Pois para Paco, como di o vello poema hoxe convertido en himno, Limba noastra-i o comora: a nosa lingua é un tesouro.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso