Argumento de Letras Nos Cordóns
Flor é a máis vella de nós os sete. Ten sete anos.
Por iso, e porque é moi valente, podemos ir con ela á escola.
Non lle ten medo á escuridade nin aos espíritos,
que din que aparecen ás seis da mañá.
Creo que tamén quere ir á clase porque lle gusta
pór os zapatos e a roupa de ir á escola...
?Letras nos cordóns? é un álbum entrañable e doce que,
a modo de diario, evoca a nenez, a escola e o contacto inicial
cos libros, a porta ao saber, o pasaporte a outros mundos
imaxinarios: ?Flor xa sabe ler, di que as letras, que para min
son uns debuxos moi difíciles de entender e de xuntar,
son contadoras de cousas e que cando aprendes a ler
é como se che contasen contos?0