Portada de Letramola 3 (galego)

Letramola 3 (galego)

Autores:Escudero i Anglès, Neus; Genover i Huguet, Roser;
Categoría:Otros
ISBN: 9788440310903
Everest Galicia nos ofrece Letramola 3 (galego) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Mayo del 2008. Prepárate para tu futuro con este libro de texo perfectamente adaptado para tu aprendizaje por su cuidado temario. Este libro cuenta con un total de 40 páginas , unas dimensiones de 28x24 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Letramola 3 (galego)

Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura.
Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos.
O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos.
No caderno 3 trabállanse as consoantes d, t, s e h. Introducimos tamén o dígrafo nh da nasal velar de "unha" e similares, así como a secuencia -ns dos plurais. Como nos cadernos anteriores, as letras preséntanse a partir dun conto ou dunha pequena historia narrada con viñetas e, deseguido, trabállanse secuencialmente.
Ofrécense diferentes tipos de texto: contos, recitativos, poemas, adiviñas e viñetas con pé. Estes textos van en letra ligada, que é a que utilizarán os alumnos para escribir. Trabállanse, ao mesmo tempo, as grafías das maiúsculas correspondentes.
Inclúese unha folla de recortables, que serán necesarios para a realización dalgunhas fichas.
En cada ficha, ademais das actividades individuais, contémplanse outras que pretenden axudar aos alumnos a comprender e a realizar adecuadamente a tarefa que lles encomendamos, e a iniciárense no coñecemento das primeiras nocións gramaticais.
Ao final do caderno, igual que nos anteriores, existe unha ficha de avaliación con actividades de discriminación auditiva, de lectura e de escritura coas letras estudadas.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso