Cando Galiza vivía un momento crítico que fendía as súas bases económico-sociais, no que era unha continuación da onda de descrédito á que estaba a ser sometida dende a instauración da dinastía dos Trastamara, o nome de Zernadas y Castro situouse como un dos intelectuais galegos máis preocupados por denunciar a situación.
Nesta obra non só se dá conta do perfil da realidade galega do século XVIII, senón que ademais, por vez primeira e baixo unha detida análise filolóxica, preséntase o corpo completo da obra galega do cura de Fruíme.
Francisco Fernández del Riego sinala no prólogo que ?o libro de Pardo de Neyra (...) é un libro ilustrativo, mesmo aleccionador. Porque explica as características dunha época, e analiza unha obra significativa. Enxertado nun tempo no que se ergue a voz dos ?Ilustrados? galegos, dá a verdadeira medida doutra voz que se valeu do idioma propio para defender os valores do país. A análise realizada nas súas páxinas polo autor, é unha análise comprida, evidentemente proveitosa para os que se interesen pola figura precursora nelas estudiada?