Nesta versión do conto tradicional británico
enfatízase a idea de presentar a morte non como
inimiga da vida, senón como a outra cara dunha
mesma moeda: unha non existiría sen a outra. As
ilustracións recrean fermosas metáforas visuais e
imaxes con cores que contrastan o temporal e o
inmortal para acadar un efecto dramático e darlle
carácter poético ao ciclo da vida.