Argumento de In14. Alusion. Efemeras Landoas
O seu propósito declarado foi contribuír a instaurar unha crítica da destrución política a través da análise dos discursos hexemónicos e das camuflaxes do poder, con atención particular ao acontecido en Galicia. Os textos incluídos no blog e agora publicados neste libro abranguen tamén campos como o social e o cultural a través dunha dinámica pluralidade de rexistros, entre os cales o humorístico, o autoficcional e o satírico non foron os menos desenvolvidos. Durante os meses que permaneceu activo Lándoas, o blog alcanzou algo máis que unha moderada notoriedade, ás veces con varios centos de visitas diarias. Tivo ademais algunha influencia no debate público, como podería demostrar o contexo con algúns columnistas e artigos de opinión. As lándoas son as marxes que marcan os límites dunha leira. A palabra designa por tanto o perímetro inculto, o que non se ara. Outra acepción é a de fenda no tronco de sobreiras, castiñeiros... Parábolas, pois, e crónica nas marxes de texto, nas lándoas dos discursos públicos. O escrito nas 355 anotacións redactadas no blog, sen contar agora os comentarios empatados, acomodouse pois en 'Alusión' a cinco epígrafes ordenados internamente con criterio cronolóxico inverso ao propio do blog: "O mundo da vida", "Estética e dinámica", "Historias" (ou a historia elevada á pluralidade), "Homo ludens" e "Sistémica mente".0