Argumento de Imaxes Do Patrimonio Arquitectónico Desaparecido
Máis de cen imaxes en branco e negro do que foron grandes edificios en Galicia, hoxe desaparecidos debido ao paso dos anos, ao abandono ou á simple especulación, conforman esta obra. Foron importantes construcións que marcaron unha época, como o Edificio Castromil, en Santiago de Compostela; o cine Odeón, en Vigo; o Atlantic Hotel da Coruña ou o Balneario de Mondariz, das que se dá conta graficamente nesta inxente obra recompilatoria, co que se consegue libralos do esquecemento.0