Este libro pretende ser unha aproximación multidisciplinar ás imaxes do ritual e no ritual producidas e consumidas polas sociedades da Céltica peninsular, que aspira a comprender as dinámicas visuais do culto desas comunidades e as súas formas de representar, imaxinar, experimentar e relacionarse co sacro. Analízanse as imaxes de contido relixioso, as supostas representacións divinas, a utilización e funcionalidade das imaxes en diversos contextos culturais.