Libros > IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LITERARIO GALEGO (Ebook)
Portada de Ideoloxía e Autonomía no Campo Literario Galego (ebook)

Ideoloxía e Autonomía no Campo Literario Galego (ebook)

Autor:Antón Figueroa Lorenzana;
Categoría:
ISBN: EB9788484874010
Laiovento nos ofrece Ideoloxía e Autonomía no Campo Literario Galego (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 30 de Abril del 2018.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Ideoloxía e Autonomía no Campo Literario Galego (ebook)

No rexurdimento da cultura galega a arte naceu con responsabilidades políticas. Xusto cando en Europa o autor, os artistas, comezaban a se liberar definitivamente das pexas de protectores, amos e mecenas, o escritor galego nace con obrigas e tamén sometido a unhas ?regras da arte? derivadas da ideoloxía mesma que facía posíbel a existencia do campo cultural e literario. Como fixeron escritores e artistas para iren creando unha cerna importante de campo, de autonomía e de valores literarios? Neste libro reflexiónase sobre a relación en certo modo contraditoria entre ideoloxía, acción e autonomía da arte e trátase de analizar algunhas das solucións que o campo literario deu a este problema en dous momentos de renovación da súa historia: no contexto da xeración Nós e no contexto dramático do rexurdir da literatura galega baixo o franquismo da posguerra. Alén diso, trátase de demostrar como o escritor galego pode, sen renunciar ás leis literarias nin perder liberdade, utilizar o seu poder simbólico, como fixo Zola, e intervir no mundo social. O rol de escritores e artistas fronte á desfeita do ?Prestige?, ou ultimamente na defensa da lingua, mostrou moi claramente a súa forza social. Mais este poder simbólico, esta forza social só se consegue acadando primeiro a autonomía artística ao defender, fronte a todas as regras do poder, as regras da arte xeradas no campo literario0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso