Argumento de Hugo, o Carteiro Teixugo
A nova colección Polo Correo do Vento, preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega. Hugo, o teixugo, está protagonizado por algúns dos mamíferos da nosa fauna (o teixugo, a toupiña, o xabaril, o furón, a raposa.), presentando os diversos oficios tradicionais e algúns espazos paisaxísticos da Galicia interior (Ancares, Fragas do Eume.). Cada un dos volumes complétase cun epílogo, ¿Qué aprendiches?, con actividades lúdicas que pretenden facilitar o labor dos pais ou dos mestres á hora de traballar a comprensión do texto, ademais dunha páxina dedicada a colorear os animais protagonistas de cada un dos volumes.0