Libros > Historias de Oregón (Ebook)
Portada de Historias de Oregón (ebook)

Historias de Oregón (ebook)

Autor:Diego Ameixeiras;
Categoría:
ISBN: EB9788499147963
Edicions Xerais nos ofrece Historias de Oregón (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 13 de Mayo del 2015.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Historias de Oregón (ebook)

Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos, desaparece en Oregón. A policía búscaa sen éxito ata que un equipo de mergulladores atopa o seu corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde onde fora tirada ao río tras ser apuñalada. A súa compañeira, Camelia V.P. encóntrase unha vez ao mes cun construtor no motel Trópico. A doutora Carme M. T. esfórzase por atopar as palabras axeitadas cando Rafael B.D. se presenta na súa casa cun ramo de rosas para expresarlle a súa admiración. Aurora P.G., unha doante cero positivo, sofre cada noite a violencia do seu home. Os membros da brigada antiinciendios enfróntanse a esa nube sucia que percorre a ladeira do monte.Eis algunhas das historias que se mesturan nos límites de Oregón, na cidade cero, ese lugar sombrío debuxado pola precariedade e os proxectos truncados pola sorte adversa. Vidas cruzadas de personaxes que viven nas marxes, tramas paralelas que conforman un mosaico incompleto, aínda que representativo das maiores inxustizas e contradicións das sociedades urbanas do noso tempo.Tras os éxitos rotundos obtidos por Asasinato no Consello Nacional e Dime algo sucio, premio da Semana Negra de Xixón, Diego Ameixeiras consolídase con Historias de Oregón, co seu característico estilo directo e conciso, como auténtico mestre do xénero negro máis contemporáneo.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso