Argumento de Historia Da Santa Igrexa de Iria. Manuscrito Galego Do Século Xviii
"Camiño Noia é, canda a Bieito Arias, a responsable da edición da Historia da Santa Igrexa de Iria, que publicou recentemente a Universidade de Vigo. O libro do que falamos é unha copia do século XVIII dun manuscrito medieval escrito orixinalmente en galego. O autor desta copia, Pedro de Otero Romero y Torres, comezou en 1713 un traballo de transcrición no que respectou a lingua orixinal. Está copiado dun texto medival, e conserva moitas das abreviaturas, palabras e estruturas propias desta época, canda as que se mesturan elementos do galego do século XVIII. O galego de entón ra moi semellante ao de hoxe, aínda que atopamos algunhas palabras que descoñeciamos e que se perderon. Polo demais é moi común co que se fala hoxe, aínda que a ortografía muda moito. Está escrito Galicia ou Galizia, os b e o v tamén varían. Falta investigación, pero pensamos que o texto é tan híbrido que non se sabe o que é daquela época e o que facía tentando imitar a lingua da Idade Media."0