Libros > Literatura > Historia da Literatura Galega IV
Portada de Historia Da Literatura Galega Iv

Historia Da Literatura Galega Iv

Autor:Pena, Xosé Ramón;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788491214816
Edicións Xerais nos ofrece Historia Da Literatura Galega Iv , disponible en nuestra tienda desde el 07 de Marzo del 2019. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 544 páginas (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Historia Da Literatura Galega Iv

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite» (Xerais 2019).
En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite de pedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, pero tamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos 70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimento das nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadura franquista e a restauración das liberdades democráticas en España. Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corenta anos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polas luces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos na traxectoria das letras de noso.
Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado da interacción constante entre a mobilización galeguista/nacionalista e os proxectos dos diferentes autores; considerala nas coordenadas socioculturais e sociopolíticas; procurar a textualidade de cada creador; abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxencias verticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé Ramón Pena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destas páxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso