Argumento de Hércules e a Misteriosa Medalla Newbery
Encuadernación: Rústica
Colección: As Amizades de Hércules
Nesta nova aventura, Hércules descobre a existencia dun prezado galardón que se lle concede anualmente aos mellores libros para nenos e adolescentes, e atópase con que o nome do premio vén de John Newbery, pero. non sabe quen é! Buscando en Internet, atopa que Newbery foi libreiro, director de xornais., pero, sobre todo, un pioneiro, pois é nin máis nin menos que o primeiro editor de Literatura Infantil e Xuvenil da Historia.
Intrigado pola vida de tan ilustre persoeiro, Hércules decide programar a súa máquina do tempo e viaxar á Inglaterra do século XVIII para coñecelo persoalmente. Tras a súa visita Hércules aprende, entre outras cousas, a respectar o labor dos creadores e editores que conseguen facer soñar aos rapaces coas súas historias de papel.0