Argumento de Hai que Confiar Na Esperanza
Hai que confiar na esperanza, a comedia en cinco actos pola que Siro López obtivo o premio Álvaro Cunqueiro 2003, desenvólvese no seo da redacción do semanario satírico bonaerense Don Quijote, entre os anos 1890 e 1895, período politicamente convulso na Arxentina. Os caricaturistas políticos Eduardo Sojo (o libertario e entusiasta director da publicación), Mayol e o galego Xosé María Cao, e os escritores satíricos Álvarez e García coinciden na redacción dunha publicación que se gaba de que pode ser comprada pero que nunca se vende. O redactores de Don Quijote, homes sensibles que lle cantán á Lúa e contan historias ao vento nas noites de chuvia, loitarán contra os gobernos corruptos do seu tempo coas armas dos seus lapis e o humor ben afiado das súas caricaturas. Unha deliciosa comedia que constitúe unha homenaxe do autor a tantos creadores arxentinos de rebordante fantasía, profundo lirismo e requintado humorismo tanto na vertente gráfica coma na literaria.