Recollendo o mellor da divulgación e dos estudos realizados con anterioridade sobre a herpetoloxía galega, esta guía convértese, ademais, nun magnífico punto de partida para que persoas afeccionadas ao contacto coa natureza coñezan un mundo sempre sorprendente e "escorregadizo" e nun manual de uso imprescindíbel para estudantes e especialistas.