Portada de Grego

Grego

Autores:Bértolo Ballesteros, José Manuel; Cal Cortina, Matilde de;
Categoría:Libros de texto Bachillerato
ISBN: 9788496526884
Baía Edicións A Coruña. S.L. nos ofrece Grego en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Enero del 2007. Prepárate para tu futuro con este libro de texo perfectamente adaptado para tu aprendizaje por su cuidado temario. Este libro cuenta con un total de 384 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Grego

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario. Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias de ampliación. A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas de vocabulario de "máxima frecuencia" -feito a partir dos autores máis representativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais se familiarice co uso do dicionario. Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado. A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos de Internet. Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames. O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.1
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso