Argumento de Gatiño e As Vacacións
Encuadernación: Cartoné
Colección: Primeiros lectores
Era o último día de clase. Gatiño e os seus amigos falaban do que ían facer durante as vacacións.
Eu irei coa miña nai a unha vila cerca do mar dixo Parrula.
Que sorte! dixo Gatiño. Eu nunca vin o mar.
Á praia, á montaña, ao pobo, a outra cidade nun país estranxeiro. os amigos de Gatiño xa teñen plans para o verán.
Imaxinan entre eles como serán as súas ansiadas vacacións; só Gatiño parece non ter claro que vai facer cando rematen as clases.
A historia de "Gatiño e as vacacións" mostra que existen circunstancias sociais diversas, así como distintos modelos de familias. Algúns pais non poden acompañar os seus fillos por motivos laborais; noutros casos son os avós os que axudan a conciliar; e non faltan aqueles que reparten a tempada estival entre o pai e a nai. Para a familia de Gatiño, en cambio, ir de viaxe a un lugar atractivo non é o máis importante.0