Argumento de Galego, á Beira Do Mar
A historia fermosa e conmovedora dun ancián que
lembra a súa vida con nostalxia: paseos co seu neto,
comidas inapropiadas ás agachadas do doutor, visitas
á panadeira, escapadas a seu querido mar... mais
tamén lembranzas románticas, divertidas e, sobre
todo, longas conversas con Ela.
Literatura e arte en estado puro, para todos os
públicos, neste relato afectuoso, doce e melancólico
que transcorre nun escenario cotiá, de xeito realista;
narrado -case susurrado- con sinxeleza e tenrura, para
captar a complicidade do lector. Prosa poética concisa,
suxerente e evocadora, que destaca pola precisión da
linguaxe que emprega e pola súa afección por
describir o mundo rural e o mariñeiro.0