A elaboración desta guía didáctica responde a inquietudes diversas. En primeiro lugar, á conciencia de que o panorama das aulas está a experimentar continuas transformacións de consumo cos cambios que se producen na sociedade. En segundo lugar, á intención de achegar ás aulas os contidos dunha nova corrente de pensamento: a denominada ?filosofía intercultural?, que pretende proporcionar unha resposta ?unha alternativa civilizatoria- aos grandes cambios que están a acontecer.