Argumento de Fuga a Exipto, a
Cóntase nela os cinco anos que María, Xosé e o seu fillo pasan en Exipto, escapando da furia de Herodes, rabioso por matar a Xesús, proclamado polo pastores rei de Israel. Escrita co ritmo, a organización argumental e a penetración nos personaxes das mellores novelas, A fuga a Exipto aproveita os máis novidosos achados da investigación histórica para transmitir a quen le o acontecer da vida cotiá daqueles tempos. Coa estadía da Santa Familia na localidade de Maghagha, situada á beira do Nilo, remata unha das peripecias máis enigmáticas da historia do fundador do cristianismo, iluminada polo autor coa habelencia e a sabedoría literarias dos grandes artesáns da narración oral.0