Argumento de Flores de Dunsinane
Flores de Dunsinane, Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009, é unha fermosa peza sobre a conciencia humana inspirada nun clásico: o Macbeth de Shakespeare. O protagonista é o fillo dun dos compañeiros de armas de Macbeth, a quen este mandara asasinar. Grazas á súa astucia, chega a rei de Escocia para, finalmente, vello e moribundo, recibir a visita dos seus antecesores, os Macbeth, cos que revive o seu sanguento reinado. En Flores de Dunsinane destaca o emprego dunha linguaxe rica, poética e expresiva dramaticamente, segundo salientou o xurado, e ofrece novas luces dos personaxes na súa reinterpretación do Macbeth.0