"Á fin, tres son os eixos sobre os que xira ?Fin de Festa?. En primeiro lugar, unha homenaxe ós solitarios, bebedores e vagabundos, retratos de sombras ós que quixen rendir homenaxe. É tamén unha denuncia contra os larpeiros, contra a codicia de quen non lle importa levar por diante a outros con tal de seguir acaparando riqueza, insensibles á dor que causan. E desde logo, un canto á identidade, debuxada a través da patria, neste caso representada en Xuvino, e a través da lingua, da que dá boa conta Giadás no seu excelente traballo." Diana Varela