Libros > Libros de texto > Libros de texto Bachillerato > Primero > Filosofía e ciudadanía. 1º. Bacharelato
Portada de Filosofía e Ciudadanía. 1º. Bacharelato

Filosofía e Ciudadanía. 1º. Bacharelato

Autor:Lozano;
Categoría:Primero
ISBN: 9788448169978
McGraw-Hill Interamericana de España S.L. nos ofrece Filosofía e Ciudadanía. 1º. Bacharelato en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Septiembre del 2008. Prepárate para tu futuro con este libro de texo perfectamente adaptado para tu aprendizaje por su cuidado temario. Este libro cuenta con un total de 320 páginas .
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Otros clientes que compraron Filosofía e ciudadanía. 1º. Bacharelato también compraron:

Argumento de Filosofía e Ciudadanía. 1º. Bacharelato

«Unha viaxe de dúas mil leguas comeza co primeiro paso»

Lao Tsé (século VI a. C.)

Atende uns minutos, por favor: estámosche ofrecendo un texto de filosofía e cidadanía. Os nosos primeiros

pensadores gregos atribuían grande importancia non só á filosofía, senón tamén á educación

dos cidadáns e á súa participación activa na política. Probablemente, a publicación che impresione un

pouco, pois o libro parece algo voluminoso e trátase dunha materia nova para ti. Pero non te inquietes

demasiado, pois o teu profesor ou profesora che axudará e, seguindo as súas instrucións, percorrerás

con ánimo as sendas das ideas e do pensamento. Isto quizais sexa o máis elevado e nobre de canto a

humanidade concibiu. Sen embargo, o proxecto resultarache fácil, xa que case nada que valla a pena o

é. Para facelo sinxelo e doado serve calquera, e ti sabes que ningunha persoa debe conformarse con ser

«calquera». Pola contra, todo ser humano debe procurar ser el mesmo e, para iso, como podes supor, é

necesario realizar algún que outro esforzo.

Convidámosche, pois, a iniciar o itinerario da filosofía. Trátase dun camiño entretido e ameno, para o

que resultará conveniente dispoñer dun tempero moral case tan elevado como o dos deportistas, que

che permitirá acadar a liberdade e a responsabilidade. Imaxina aos ciclistas nunha carreira por etapas,

como por exemplo, a volta a España. Xunto ás lánguidas e plácidas chairas polas que o pelotón marchará

radiante e compracido, presentaranse tamén días agrios: vento, chuvia e outras inclemencias climáticas.

Ás veces serán necesarias certas doses de coraxe e valentía para afrontar os temerarios descensos

e, noutras ocasións, haberá de enfrontarse a empinadas estradas, nas que o ánimo, asfixiado pola fatiga

e entumecido polo esforzo, reclamará alivio e empuxarao a reducir o ritmo. Mais o bo ciclista sabe

resistir, superar os malos momentos e continuar xubiloso cara á meta.

Presentámosche, pois, as trece etapas do noso libro, cuxo denominador común é a filosofía e a educación

cidadá. Daraste conta de que no percorrido que trazamos vaise debuxando o desenvolvemento

dunha actividade reflexiva e crítica que, a partir das achegas das ciencias e doutras disciplinas, presenta

ante os teus ollos unha paisaxe acerca do que é o ser humano en todas as súas dimensións. Tras un

primeiro contacto coas propostas éticas da ensinanza obrigatoria, tamén unidas á idea de cidadanía,

inicias agora unha aproximación sistemática á filosofía e ao desenvolvemento da cidadanía ao longo

da historia. O estudo das dúas grandes dimensións da racionalidade a súa vertente teórica e a súa

vertente práctica deixa paso á consideración dos problemas e preguntas fundamentais que formulou

a filosofía ao longo da súa historia. Observarás que todo o libro está impregnado desa razón práctica

filosófica, con redobrados contidos éticos e políticos. A través de todos eles, vaise forxando a idea desa

cidadanía crítica, libre, tolerante, solidaria, activa e democrática.

Ao contrario que os ciclistas da nosa carreira, non estarás obrigado a percorrer todas as etapas, xa

que o profesor ou profesora deseñará a ruta máis idónea para ti, seleccionarás os contidos máis axeitados

ou que máis che interesen e subministrarache os avituallamentos necesarios. Pero, claro está,

ti tamén terás que esforzarte. Nin o teu profesor ou profesora nin nós podemos pedalear por ti, polo

que, en último termo, o verdadeiro traballo correrá da túa conta. Adiante, polo tanto! Animámosche a

facer acopio de espírito deportivo, fincarte nos pedais e esforzarte con optimismo.

E, se xorden dificultades e se che insinúa a tentación de desfalecer, eleva a vista e renova o ánimo,

pois mirando cara ao alto descubrirás que a próxima chegada se atopa ao alcance da túa man.

Os autores0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso