Argumento de Filosofía Da Ciencia
Autores imprescindibles entre os que destacan Bunge, Moulines, Mosterín, Barreto ou Munevar completan o amplo espectro de textos incluídos en Filosofía da Ciencia, resultado da escolma das diferentes Xornadas de Filosofía da Ciencia que ten organizado o grupo Aletheia. Dende a fundamentación das matemáticas ata as súas funcións lingüísticas, a obra abrangue as relacións desta rama da filosofía coa física, a bioloxía ou a cosmoloxía.0