Libros > Literatura > Feroz, O lobo
Portada de Feroz, o Lobo

Feroz, o Lobo

Autores:Mazo Fernández, Margarita del;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788498714975
OQO Editora nos ofrece Feroz, o Lobo en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de 00 del 2014. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 36 páginas , unas dimensiones de 28x22 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Otros clientes que compraron Feroz, O lobo también compraron:

Argumento de Feroz, o Lobo

Encuadernación: Cartoné
Colección: Q

Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca de Carapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibe insultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido, coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa. Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, un cazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan?
Nesta nova colaboración con OQO editora, Margarita del Mazo confesa escribir esta historia "para reconciliarse cos personaxes do conto", posto que non lle gustaba nada, e aínda menos cando a súa nai engadía: "Iso ocorreulle a Carapuchiña por non obedecer á súa nai!". A autora céntrase no personaxe do lobo, un lobo que, empeñado en atopar a Carapuchiña, tópase co menosprezo de todos os que se lle cruzan no camiño. A súa mala fama inxustificada, polo menos neste conto, perségueo.
Rapidamente, o lector decátase de que as aparencias enganan e de que é aconsellable poñer en dúbida as ideas preconcibidas xa que, moitas veces, poden facernos pensar de modo equivocado. É convinte evolucionar co devir do tempo, como argumenta a autora, que tamén cambiou o seu punto de vista sobre o conto orixinal: "Esta forma de pensar mudou coa idade. E agora fascíname este personaxe. Gústanme todas as Carapuchiñas diferentes: as espertas, as descaradas, as que saben enganar os lobos...".
Atraída pola liberdade que lle brinda o texto, a ilustradora Leire Salaberria, na súa terceira colaboración con OQO editora, ofrécenos unha proposta plástica pensada coma se fose unha curtametraxe de animación, que nos permite seguir o protagonista ao longo da historia e participar de todo o que lle vai acontecendo.
Unha paleta de acrílicos en tons fríos fai alusión ao mundo de Feroz, que contrasta coas cores máis calidas, como as vermellas e as fucsias, reservadas para o mundo de Carapuchiña. As cores amarelas aportan "ese punto de loucura onde todo é bastante surrealista", apunta a ilustradora, que afirma tamén gozar creando personaxes con formas de prantas e rochas, que non aparecen na narración escrita. O seu particular punto de vista móstranos un lobo máis humano (vive nunha casa, conduce, cociña, pasa o ferro?), e a unha Carapuchiña "máis lobuna", non en balde a súa carapucha ten orellas.
Texto e imaxe, tinguidos de humor, de suspense e dun punto de terror, parten dun conto tradicional para afastarse del e conducirnos cara un desenlace doce e aberto, co que os lectores mozos gozarán de cada detalle da historia. A ilustradora recibiu a mención de honra polas ilustracións desta obra durante a feira do libro dos Emiratos Árabes 2014: Sharjah International Book Fair.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso