Libros > Literatura > Fálame sempre
Portada de Fálame Sempre

Fálame Sempre

Autor:Cid Cabido, Xosé;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788497820738
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Fálame Sempre en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Noviembre del 2003. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 152 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Fálame Sempre

“Fálame sempre” é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor. Mais non só hai humor nesta obra de Cid Cabido: o autor sitúa os personaxes na corda frouxa, obrigándoos a tomar partido. Eis o relato «Outra vida cotiá», onde o protagonista se enfronta á tesitura de baixar polo pan e non volver á casa. Mais nada é o que parece. Aquí o equívoco ten visos dramáticos. Nos dezasete relatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como o inquilino do conto «O estraño caso de Cándido Costas Tobío», que arrinca nunha marcha pola supresión da peaxe de Rande, nun espazo aberto, e remata nunha lóbrega estancia. Logo aparecen os que fan casas con solainas á altura do tellado, e as mozas dunha chea de fulanos, o boom dos móbiles, os que están profundamente namoriscados, ou os que loitan contra as multinacionais coa única arma que teñen á man, a retranca, a mesma ironía de que se vale o autor ó longo de todo o libro. E mais tamén a neurose proxectada sobre unha poliña de castiñeiro, o medo ós que non son coma nós, a vinganza do neno –en quen todos nos recoñecemos– contra o mestre infame... E claro, séntese a presenza de Calvino e Melville, e Cunqueiro e Monterroso, e tamén os Cohen e Woody Allen, e a reflexión sobre a existencia, a literatura, a soidade, o amor e a morte... A vida, en definitiva.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso