Argumento de Eu Son Suleimán
Farto da extrema pobreza que padece en Mali, Suleimán decide
marchar co seu amigo Musa na busca dunha vida mellor en Europa,
onde esperan traballar, conseguir diñeiro para voltar ao seu país,
abrir os seus negocios e axudar as súas familias. A viaxe resulta
dura e difícil: cruzan o deserto en camións escangallados, ateigados
de xente tan desesperada coma eles; chegan á fronteira con Melilla
pero, ao cruzar a reixa fronteiriza, son arrestados e expulsados.
Tras perder Musa, Suleimán loita por sobrevivir e volve intentalo
por mar, dende as costas de Senegal ata Gran Canaria.0