Libros > Estrutura económica de Galiza (Ebook)
Portada de Estrutura Económica de Galiza (ebook)

Estrutura Económica de Galiza (ebook)

Autor:Fernández Leiceaga, Xoaquín;
Categoría:
ISBN: EB9788489896765
Laiovento nos ofrece Estrutura Económica de Galiza (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Enero del 2000.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Estrutura Económica de Galiza (ebook)

Estrutura económica de Galiza ten como obxectivo subministrar a un público amplo as informacións e análises que permitan comprender o funcionamento actual e as transformacións recentes da economía galega. Para iso a perspectiva adoptada é de média diatáncia: nen un tratamento exaustivo de todas as cuestións nen unha escolla persoal dos temas fulcrais, senón un exame rigoroso que non esqueza nengun ámbito relevante. Optou-se tamén pola organización pedagóxica dos materiais, pretendendo explicar máis que seducir. E quixo-se contar co máximo apoio empírico que unha obra destas características pode suportar, respaldando as aseveracións coas estatísticas pertinentes. Portanto, non se trata dun ensaio arriscado en que se defende unha tese coa que cativar ao leitor. Iso non quer dicer que se prescindise da ideoloxia, mais non hai unha teoria omnicomprensiva sustida -ao menos de forma consciente- nos once capítulos da obra. As perspectivas analíticas e as conclusións expostas acharán o seu xuiz na capacidade para explicar e interpretar a realidade. Neste sentido, os autores abren o texto á valoración crítica de todas as persoas interesadas na economia do país. Corresponderá a outros actores e a outros contextos a xeración de conclusións relevantes no ámbito do debate político.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso