A partir de certo momento, o surrealismo encóntrase co marxismo. Para Michael Löwy, membro do Grupo de París do movemento surrealista desde 1975, o punto de encontro entre surrealismo e marxismo non é a certeza da vitoria, nin a crenza nunha teoría do progreso máis ou menos lineal. O encontro entre surrealismo e marxismo é o "pesimismo revolucionario".
Mediante unha serie de traballos dedicados tanto a figuras do surrealismo (André Breton, Vicent Bounoure, etc.) como a pensadores que se sentiron fascinados ou incluídos polo surrealismo (Walter Benjamin, Guy Debord, Pierre Naville...), Löwy suxire os ligames de afinidade electiva que se poden estabelecer entre o surrealismo e outras expresións do pensamento contemporáneo.
Este libro, que é un acto de protesta contra aqueles que dan por morto o surrealismo, acha novos camiños para que este, na esteira do romanticismo negro, continúe a trazar novos camiños no terreo.